Mejoras de las instalaciones

O pleno aprobará o xoves o paseo de Santa Ana a Canide, a herba para tres campos e as beirarrúas de Dorneda a Mera, entre outros 20 proxectos

27 de Xullo de 2015

Oleiros, 27 de xullo de 2015-. O goberno municipal levará ao pleno do xoves a aprobación de 20 proxectos que se realizarán con cargo ao superávit de 2014. “Son obras importantísimas que se realizarán grazas ao superávit que conseguimos coa nosa xestión do Concello”, explicou o alcalde.

A proposta do goberno pasa pola realización de diversas obras e servizos por un importe de 4.693.531,99 euros. As obras comezarán a realizarse a partir do mes de setembro. A súa finalización está prevista para antes de final de ano. “Imos investir un cantidade moi importante en 20 proxectos: obras, servizos, moitas melloras culturais, novas dotacións e equipamentos, vías...”, aclarou o alcalde.

As obras que se van realizar, e os seus importes, son os seguintes:

- Dotación de herba artificial nos campos de fútbol dos Regos, Montrove e Iñás. O sumatorio dos tres proxectos é de  1.195.304,21 euros. A actuación no campo dos Regos supón 404.524,90 euros, o proxecto de Montrove custará 358.536,08 euros e no caso de Iñás a cantidade é de 432.243,23 euros debido a que tamén se instalará o rego.